xoves, 24 de setembro de 2015


Boas amig@s. Gustaríame compartir convosco os meus gustos musicais co fin de que, se algún de vos coincide conmigo, poida aportarvos algunha canción nova e que as disfrutedes tanto coma min.


Aínda que disfruto moito con todos os tipos de música, os meus xéneros preferidos é o pop rock. Este tipo de música pareceme perfecta posto que convinan as melodías e letras típicas do pop con elementos do rock cmo as guitarras eléctricas e ritmos máis fortes. Debido a isto, convértese nun xénero cheo de vitalidade e enerxía que vai dende as baladas ata a música máis alegre dando un amplo abanico de posibilidades músicais.



5SOS
O meu grupo favorito deste xénero é, sen dúbida, 5 Seconds of Summer (5SOS) un grupo australiano que saltou a fama o ano 2012. As miñas cancións favoritas deste grupo son Amnesia, Don't stop e Greenlight. Recoméndovos escoitalas, porque non as olvidaredes.