venres, 11 de decembro de 2015

Tema 2. Actividade 10

ACTIVIDADE10.PDF

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE10. Os conceptos están definidos nas páxinas 51 e 53 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

  • Navegadores GPS. Busca unha imaxe na rede.
  • Google Glass. Busca unha imaxe na rede. 
  • Smart Watch. Busca unha imaxe na rede. 

Navegador GPS

O GPS (Global Positioning System) é un sistema que permite determinar a posición dun obxecto ou unha persoa, en calquera lugar do planeta, cunha percepción de metros ou, mesmo, centímetros.

A tecnoloxía GPS está baseada na utilización de 24 satélites cuxas órbitas están sincronizadas par cubrir toda a superficie terrestre.

Os navegadores GPS dispoñen dun receptor GPS capaz de reducir os sinais dos satélites. Unha vez que o recceptor ten añ menos o sinal de catro satélites, polo menos, o navegador é capaz de determinar cal é a súa posición por triangulación.

Os navegadores dispoñen de cartografía e software específico para situar as coordenadas do GPS  sobre o mapa, analizar as posibles rutas para chegar a un destino concreto e planificar á que consideren máis adecuada segundo os criterios que o usuario especifique. Devanditos navegadores poden estar integrados, en vahículos e teléfonos intelixentes, ou ben como dispositivos independentes, sendo algúns dos modelos máis estendidos  Navman e TomTom Navigator. 
Google Glass:

Google Glass son unhas pequenas gafas de alta tecnoloxía, desenvolvidas por Google, que funcionan como asistente virtual empregando realidade aumentada. Conectan ao usuario co seu teléfono intelixente a través da voz e a imaxe se mostra nunha pequena pantalla incorporada. Esta pantalla está conectada a unha cámara, un micrófono e un altavoz. Mediante unha conexión Wi-Fi e Bluetooth, as lentes poden comunicarse con outros dispositivos e aplicacións de internet.

Empregan unha versión reducida do sistema operativo Androi. Algunhas das súas aplicacións son tomar fotos, gravar vídeos, navegar por internet e usar a maioría de aplicacións de Google.



Smart Watch:

Un reloxo intelixente (Smart Watch) é un reloxo de pulseira que integra funcións similares ás dun teléfono intelixente ou un ordenador portátil. Emprega as tecnoloxías Wi-Fi, Bluetooth ou conexión móbil para conectarse a internet e intercambiar información con outros dispositivos.

Estes dispositivos poden incluír características como un acelerómetro, altímetro móbil, barómetro, brúxula, cronógrafo, equipo de buceo, calculadora, teléfono móbil, GPS, pantalla gráfica, altavoces, axenda, etc.

Por outro lado, estes reloxos inclúen o seu propio sistema de aplicacións, que soen estar relacionadas coa saúde o deporte, a produtividade, os contidos multimedia, os xogos e o acceso a redes sociais.


xoves, 3 de decembro de 2015

Tema 2. ACTIVIDADE 8


Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE 8. Os conceptos están definidos na páxina 48 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
  • (0.75 puntos) Tarxeta de rede. Busca imaxe ou imaxes na rede onde aparezan identificados os conectores.
  • (0.75 puntos) Concentrador e conmutador. Busca unha imaxe de cada un na rede.
  • (0.5 puntos) Punto de acceso. Busca unha imaxe na rede.
  • (1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.


Tarxeta de rede:



Concentrador e conmutador:

Os concentradores e os conmutadores son dispositivos que interconectan os cables dunha rede. A función de cada un é a seguinte:

  • Concentrador o hub: A este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador ou dispositivo, actuándo de ponte. Cando un ordenador envía información, o concentrador a reenvía a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote.

Concentrador o hub

  • Conmutador o switch: ten características similares ao hub, pero con algunhas outras funcións engadidas. Unha delas é que, ademais de servir de ponte como conexión de todos os ordenadores, é capaz de identificar os equipos que ten conectados, polo que non necesita enviar a información a todos eles, senón só ao destinatario. Evítase así sobrecargar a rede e a colisión de datos. Outra diferencia é que ademais de equipos, permite interconectar redes do mesmo tipo.
 Conmutador
Conmutador o switch

Na actualidade, empregan maioritariamente os switch, que soen ofrecer, ademais dos conectores RJ-45 para redes cableadas , tecnoloxía Wi-fi para conexións inalámbricas.

Punto de acceso:

É unha rede de área local cableada, tamén é posible instalar un punto de aceso inalámbrico de maneira que, ademais dos ordenadores conectados por cable, se poidan conectar é rede outros dispositivos de forma inalámbrica.

Punto de acceso.

Cableado de rede:

O cable é un dos medios de conexión empregados nas redes para transmitir datos. Existen diferentes tipos de cable:

  • Cableado coaxial: Está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. É similar ao que se emprega para a antena da televisión, aínda que actualmente esta en desuso.
  • Cableado par trenzado: Está constituído por catro pares de fíos. Cada par está entrelazado para diminuír a interferencia eléctrica e evitar que se acople á sinal entre os pares. Dentro deste cableado distínguense os seguintes tipos:
    • UTP. É un cable non apantallado. É de baixo coste pero sensible a interferencias, polo que produce máis errores que outris cables.
    • STP. É un cable apantallado, é dicir, ten unha malla metálica arredor do cable que o protexe das interferencias electromagnéticas.
    • FTP. É un cable apantallado con blindaxe global que posúe unha pantalla condutora en forma trenzada. Mellora a protección fronte ás interferencias con respecto as anteriores.

Existen diversas categorías de cables, dependendo da súa velocidade de transmisión. As que están en uso son: categoría 5 (100 Mbps), categoría 6 (1Gbps), categoría 7 (10 Gbps) e a categoría 8 que está en fase de desenvolvemento. O cableado de par trenzado emprega conectores RJ-45.


Cable de fibra óptica: É unha fibra moi fin de material transparente, vidro ou material plástico, pola que se envía un faz de luz. Estes cables constan dun grupo de fibras ópticas protexidas con hiladuras de aramida para facelos resistentes á tracción ademais de estar protexidos por varios revestimentos. Os conetores máis empregados na fibra óptica para redes locais son ST, LC, FC e SC.


Conector ST


Fibra óptica




RJ-45