xoves, 3 de decembro de 2015

Tema 2. ACTIVIDADE 8


Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE 8. Os conceptos están definidos na páxina 48 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
  • (0.75 puntos) Tarxeta de rede. Busca imaxe ou imaxes na rede onde aparezan identificados os conectores.
  • (0.75 puntos) Concentrador e conmutador. Busca unha imaxe de cada un na rede.
  • (0.5 puntos) Punto de acceso. Busca unha imaxe na rede.
  • (1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.


Tarxeta de rede:



Concentrador e conmutador:

Os concentradores e os conmutadores son dispositivos que interconectan os cables dunha rede. A función de cada un é a seguinte:

  • Concentrador o hub: A este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador ou dispositivo, actuándo de ponte. Cando un ordenador envía información, o concentrador a reenvía a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote.

Concentrador o hub

  • Conmutador o switch: ten características similares ao hub, pero con algunhas outras funcións engadidas. Unha delas é que, ademais de servir de ponte como conexión de todos os ordenadores, é capaz de identificar os equipos que ten conectados, polo que non necesita enviar a información a todos eles, senón só ao destinatario. Evítase así sobrecargar a rede e a colisión de datos. Outra diferencia é que ademais de equipos, permite interconectar redes do mesmo tipo.
 Conmutador
Conmutador o switch

Na actualidade, empregan maioritariamente os switch, que soen ofrecer, ademais dos conectores RJ-45 para redes cableadas , tecnoloxía Wi-fi para conexións inalámbricas.

Punto de acceso:

É unha rede de área local cableada, tamén é posible instalar un punto de aceso inalámbrico de maneira que, ademais dos ordenadores conectados por cable, se poidan conectar é rede outros dispositivos de forma inalámbrica.

Punto de acceso.

Cableado de rede:

O cable é un dos medios de conexión empregados nas redes para transmitir datos. Existen diferentes tipos de cable:

  • Cableado coaxial: Está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. É similar ao que se emprega para a antena da televisión, aínda que actualmente esta en desuso.
  • Cableado par trenzado: Está constituído por catro pares de fíos. Cada par está entrelazado para diminuír a interferencia eléctrica e evitar que se acople á sinal entre os pares. Dentro deste cableado distínguense os seguintes tipos:
    • UTP. É un cable non apantallado. É de baixo coste pero sensible a interferencias, polo que produce máis errores que outris cables.
    • STP. É un cable apantallado, é dicir, ten unha malla metálica arredor do cable que o protexe das interferencias electromagnéticas.
    • FTP. É un cable apantallado con blindaxe global que posúe unha pantalla condutora en forma trenzada. Mellora a protección fronte ás interferencias con respecto as anteriores.

Existen diversas categorías de cables, dependendo da súa velocidade de transmisión. As que están en uso son: categoría 5 (100 Mbps), categoría 6 (1Gbps), categoría 7 (10 Gbps) e a categoría 8 que está en fase de desenvolvemento. O cableado de par trenzado emprega conectores RJ-45.


Cable de fibra óptica: É unha fibra moi fin de material transparente, vidro ou material plástico, pola que se envía un faz de luz. Estes cables constan dun grupo de fibras ópticas protexidas con hiladuras de aramida para facelos resistentes á tracción ademais de estar protexidos por varios revestimentos. Os conetores máis empregados na fibra óptica para redes locais son ST, LC, FC e SC.


Conector ST


Fibra óptica




RJ-45

Ningún comentario:

Publicar un comentario