xoves, 26 de novembro de 2015

Tema 2. ACTIVIDADE 6

Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE6.
Impresora 3D.

  • Buscando a información na rede redacta aproximadamente 25 liñas explicando o seu principio de funcionamento, tipos e aplicacións. 
  • Engade un vídeo da rede (duración non superior a 3 minutos si é posible).


As impresoras 3D xurdiron hai uns anos por causa do desexo dun grupo de expertos do MIT (Massachusets Institue of Technology) comezaron a querer imprimir o que vían nos arquivos .CAD (Deseño Asistido por Computadora).

O proceso de impresión tridimensional é, fundamentalmente, ir creando un prototipo capa por capa e dende abaixo ata arriba. Para iso, a máquina deposita unha capa de plástico en po, compáctase na zona que lle indica o ordenador e vólvese a repetir o proceso colocando unha capa sobre a outra ata que se completa a peza.

Hai dous tipos de impresoras 3D: de tinta e láser. As primeiras empregan unha tinta que funciona  como aglomerante e compacta o po ademáis de permitir imprimir en diferentes cores. Mentres que as segundas o que fan é transferir enerxía ao po que pasa a estar polimerizado (duro) e despois introdúcense nun líquido para que as zonas máis duras se solidifiquen.

Os tipos de impresión máis comúns son os seguintes:

Estereolitografía: Foi o primeiro método concibido.  Consiste na aplicación dun láser ultravioleta a unha resina sensible á luz contida nun cubo.  O láser vai solidificando a resina en capas ata que o obxecto adquire a forma desexada.

Impresión por láser: Máis coñecido polo seu nome en inglés (selective laser sintering ou SLS), este método consiste na compactación do material co que se quere construír o obxecto -material que se atopará pulverizado a unha temperatura próxima á fundición- a través da aplicación dun láser.

Impresión por inxección: Moi similar á tecnoloxía de impresión por láser, a súa diferenza con esta radica en que, en lugar de empregar un láser, o material -que estará nas mesmas condicións que na tecnoloxía por SLS, é dicir, en po e a unha temperatura próxima á fundición- compactarase mediante inxección dun aglomerante (tinta). Esta tecnoloxía permite imprimir en cor, xa que o aglomerante utilizado pode ter unha cor ou outro.

Impresión por deposición de material fundido

As aplicacións que aporta unha impresora 3D son moi empregadas na creación de modelos, materialización de prototipos, na gastronomía (creando estruturas comestibles)e a impresión de complementos (moda).


Ningún comentario:

Publicar un comentario